Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 26 de novembro de 1997 Páx. 11.344

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1997, do tribunal IV-1C, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ás categorías 25 e 30 do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión celebrada o día 13 de novembro de 1997 polo tribunal IV-1C, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ás categorías 25 e 30 do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, 12-12-1996), acordouse:

Primeiro.-Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría 25 (tremoeiro/a) do grupo IV terá lugar o día 5 de decembro de 1997 ás 11.30 horas, na aula nº 9 da Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas, na localidade de Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 11.15 horas.

Segundo.-Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría 30 (auxiliar de formación ocupacional) do grupo IV terá lugar o día 12 de decembro de 1997, ás 17.15 horas, na aula nº 1, da Facultade de Dereito, da Universidade de Santiago de Compostela, sita no Campus Universitario de Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 17 horas.

Terceiro.-Os aspirantse de ámbalas categorías deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 1997.

José Ramón Pardo Cabarcos

Presidente do tribunal

9299