Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 26 de novembro de 1997 Páx. 11.345

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se rectifican erros padecidos na do 31 de outubro de 1997, pola que se convocan a concurso de traslado prazas vacantes de forensías e agrupacións de forensías para o corpo de médicos forenses.

Advertido erro na publicación da Resolución do 31 de outubro de 1997, sobre convocatoria de concurso de traslado de prazas vacantes de forensías e agrupacións de forensías para o corpo de médicos forenses, rectifícase o anexo de vacantes publicadas no sentido de incluír, ademais, as seguintes:

-1ª Instancia e Instrucción nº 1 e nº 2 de Carballo e Negreira (A Coruña).

-1ª Instancia e Instrucción da Fonsagrada (Lugo).

-1ª Instancia e Instrucción nº 2 e nº 5 de Ourense (Ourense).

-1ª Instancia e Instrucción nº 1 e nº 2 de Lalín e A Estrada (Pontevedra).

Os interesados nas prazas anteriores terán que solicitalas no prazo de dez días desde a publicación no Boletín Oficial del Estado da presente resolución, na forma, requisitos e condicións ós que alude a Resolución do 31 de outubro, agora rectificada.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 1997.

José Rojo Salgado

Director xeral de Xustiza e Administración Local

8823