Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 8 de novembro de 1996 (BOE do 10 de decembro), para a provisión dunha praza de profesora titular de universidade da área de coñecemento de bioloxía vexetal, do departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo, a prol de María Luisa Castro Cerceda, con documento nacional de identidade número 33.825.962, e cumprindo a interesada os requisitos do artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Luisa Castro
Cerceda, profesora titular de universidade da área de coñecemento de bioloxía vexetal, do departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 5 de novembro de 1997.
José Antonio Rodríguez Vázquez
Rector da Universidade de Vigo
8826

