De conformidade co establecido no título quinto da Lei 11/1983, do 25 de agosto, e o artigo 2.4º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, este rectorado resolveu convocar concurso para as prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, conforme as seguintes bases:
Primeira.-Os ditos concursos rexeranse polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), modificado parcialmente polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (BOE do 11 de xullo); Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro de 1985), e, no non previsto, pola lexislación xeral de funcionarios civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unha das prazas convocadas.
Segunda.-Para ser admitido ós citados concursos requírense os seguintes requisitos xerais:
a) Ser español. Non obstante, poderán participar en idénticas condicións cós españois:
-Os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, logo de acreditaren a nacionalidade consonte o disposto na Lei 17/1993, do 23 de decembro (BOE do 24), sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea e demais normativa de desenvolvemento.
-Trala acreditación, os nacionais daqueles estados ós que, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa aplicable a libre circulación de traballa
dores nos termos en que esta está definida no Tratado Constitutivo da Unión Europea.
b) Ter cumpridos dezaoito anos e non ter cumpridos os setenta anos de idade.
c) Non ter sido separado, por expediente disciplinario, do servicio da Administración do Estado ou da Administración autonóma, institucional ou local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.
d) Non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións correspondentes a profesor de universidade.
Terceira.-Deberán reunir, ademais, as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.1º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría da praza, e, de se-lo caso, titulación suficiente debidamente recoñecida polo Ministerio de Educación e Ciencia para o exercicio profesional en España como profesor universitario.
Cando, estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade, conforme o previsto no artigo 4.1º c), do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e non se pertenza a ningún dos corpos que nel se sinalan, os interesados deberán acreditar que foron eximidos de tales requisitos dentro do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.
Non poderá concursar a prazas de profesor titular de universidade quen estivese contratado durante máis de dous anos como axudante desta universidade, coas excepcións previstas no artigo 37.4º da Lei 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), de reforma universitaria.
Cuarta.-Quen desexen tomar parte no concurso remitiralle a correspondente solicitude ó rector da Universidade de Vigo, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado mediante instancia, segundo o modelo do anexo II debidamente cuberto, xunto cos documentos que acrediten reuni-los requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á de expiración do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.
Os aspirantes deberán xustificar ter aboadas 9.180 ptas. en concepto de inscrición na conta da Universidade de Vigo, outros ingresos, nº 0040225994 de Caixavigo (oficina principal, rúa García Barbón, 1-3) epígrafe -outros ingresos-, achegando coa súa solicitue resagardo acreditativo do ingreso realizado que fai referencia a esta convocatoria.
Quinta.-Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da Universidade de Vigo, por calquera dos procedementos establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, remitiralles a tódolos aspirantes relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas da exclusión. Contra a dita resolución os interesados poderán presentar unha reclamación perante o rector no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.
Sexta.-O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a súa constitución, dictará unha resolución que lles deberá ser notificada a tódolos interesados cunha antelación mínima de 15 días naturais respecto da data do acto para o que se cita, convocando a:
a) Tódolos membros titulares da comisión e, se é o caso, os suplentes necesarios para efectua-lo acto de constitución daquela.
b) Tódolos aspirantes admitidos para participar no concurso, para realiza-lo acto de presentación dos concursantes e, con sinalamento do día, a hora e lugar de celebración do dito acto.
Sétima.-No acto de presentación os concursantes entregaranlle ó presidente da comisión a documentación sinalada nos artigos 9 e 10 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, segundo se trate de concurso ou concurso de méritos.
Oitava.-Os candidatos propostos para a provisión das prazas deberán presentar na secretaría xeral da universidade, no prazo dos quince días hábiles seguintes ó de conclusión da actuación da comisión, por calquera dos medios sinalados no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os seguintes documentos:
a) Fotocopia do documento nacional de identidade, ou documento equivalente de ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
b) Certificación médica oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade.
c) Declaración xurada de que non ter sido separado de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario e non atoparse inhabilitado para o acceso e exercicio da función pública.
Os que tiveren a condición de funcionarios públicos de carreira estarán exentos de xustifica-los ditos documentos e requisitos, e deberán presentar certificación do ministerio ou organismo do que depen
dan, acreditativa da súa condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na folla de servicios.
Vigo, 5 de novembro de 1997.
José Antonio Rodríguez Vázquez
Rector da Universidade de Vigo
ANEXO I
Número de prazas: 1.
Praza número: 89/1997.
Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.
Área de coñecemento á que corresponde: bioloxía celular.
Departamento ó que está adscrita: Bioloxía Funcional e Ciencia da Saúde.
Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en citoloxía e histoloxía vexetal e animal.
Clase de convocatoria: concurso.
Número de prazas: 1.
Praza número: 90/1997.
Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.
Área de coñecemento á que corresponde: bioloxía vexetal.
Departamento ó que está adscrita: Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo.
Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en fisioloxía vexetal I e II.
Clase de convocatoria: concurso.
Número de prazas: 1.
Praza número: 91/1997.
Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.
Área de coñecemento á que corresponde: bioquímica e bioloxía molecular.
Departamento ó que está adscrita: Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía.
Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en química e bioquímica dos alimentos. Aplicación das encimas nas industrias alimentarias.
Clase de convocatoria: concurso.
Número de prazas: 1.
Praza número: 92/1997.
Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.
Área de coñecemento á que corresponde: química física.
Departamento ó que está adscrita: Química Física e Química Orgánica.
Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en materias da área.
Clase de convocatoria: concurso.
Número de prazas: 1.
Praza número: 93/1997.
Corpo o que pertece a praza: profesores titulares de universidade.
Área de coñecemento á que corresponde: química inorgánica.
Departamento ó que está adscrita: Química Inorgánica.
Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en química inorgánica.
Clase de convocatoria: concurso.
Número de prazas: 1.
Praza número: 94/1997.
Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.
Área de coñecemento á que corresponde: lingüística xeral.
Departamento ó que está adscrita: Traducción, Lingüística e Teoría da Literatura.
Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia lingüística.
Clase de convocatoria: concurso.
Número de prazas: 1.
Praza número: 95/1997.
Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.
Área de coñecemento á que corresponde: enxeñería mecáncia.
Departamento ó que está adscrita: Enxeñería Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos.
Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en materias da área.
Clase de convocatoria: concurso.
Número de prazas: 1.
Praza número: 96/1997.
Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.
Área de coñecemento á que corresponde: máquinas e motores térmicos.
Departamento ó que está adscrita: Enxeñería Mecáncia, Máquinas e Motores Términcos e Fluídos.
Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en calor e frío industrial II na titulación de enxeñeiro industrial. Xeradores e motores térmicos I na titulación de minas, termotecnia na E.T. forestal.
Clase de convocatoria: concurso.
Número de prazas: 1.
Praza número: 97/1997.
Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.
Área de coñecemento á que corresponde: teoría do sinal e comunicacións.
Departamento ó que está adscrita: Tecnoloxía das Comunicacións.
Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en sinais e sistemas discretos procesados de voz e audio.
Clase de convocatoria: concurso.
Número de prazas: 1.
Praza número: 98/1997.
Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.
Área de coñecemento á que corresponde: comunicación audiovisual e publicidade.
Departamento ó que está adscrita: Psicoloxía Evolutiva e Comunicación.
Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en teoría e técnica cinematográfica.
Clase de convocatoria: concurso.
Número de prazas: 1.
Praza número: 99/1997.
Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.
Área de coñecemento á que corresponde: periodismo.
Departamento ó que está adscrita: Psicoloxía Evolutiva e Comunicación.
Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia e teoría e técnica da comunicación radiofónica. Redacción e locución nos medios audiovisuais.
Clase de convocatoria: concurso.
Número de prazas: 1.
Praza número: 100/1997.
Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de escola universitaria.
Área de coñecemento á que corresponde: fisioterapia.
Departamento ó que está adscrita: Bioloxía Funcional e Ciencia da Saúde.
Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en fisioterapia I e II.
Clase de convocatoria: concurso.
Número de prazas: 1.
Praza número: 101/1997.
Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de escola universitaria.
Área de coñecemento á que corresponde: expresión gráfica na enxeñería.
Departamento ó que está adscrita: Deseño na Enxeñería.
Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en debuxo técnico.
Clase de convocatoria: concurso.
Número de prazas: 1.
Praza número: 102/1997.
Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de escola universitaria.
Área de coñecemento á que corresponde: enxeñería mecánica.
Departamento ó que está adscrita: Enxeñería Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos.
Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en materia da área.
Clase de convocatoria: concurso.
8881

