Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 26 de novembro de 1997 Páx. 11.350

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., S. 2ª)

CÉDULA de notificación (6067/1997).

Eu, Isabel Freire Corzo, secretaria da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, certifico que no recurso contencioso-administrativo número 6067/1997, seguido por instancia de Andrena Edos contra acordo da Subdelegación do Goberno na Coruña, do 16-7-1997, pola que se acorda a expulsión do territorio nacional con prohibición de entrada por un período de tres anos e por medio da presente cédula fáiselle saber á parte recorrente que o dito recurso deberá interpoñelo na forma que determina o artigo 33 da Lei xurisdiccional, ou sexa, confe

ríndolle a súa representación a un procurador asistido dun avogado ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto, que compareza en autos, en forma, con apercibimento de que se así non o verifica dentro do termo de trinta días que para o efecto se lle concede, procederá sen máis trámites ó arquivo das actuacións.

E para que conste e lle sirva de notificación a Andrena Edos, expido e asino a presente cédula na Coruña o sete de novembro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

8808