Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 26 de novembro de 1997 Páx. 11.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/111-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Mixós, Estevesiños-2ª, 3ª e 5ª fase.

Situación: Monterrei (Ourense).

Descricións técnicas: liña M.T., aérea, a 20 kV, de 125 m de lonxitude, en conductor LA-56, que deriva desde o apoio nº 12 da L.M.T. existente a Vences, e remata no C.T. aéreo proxectado en Mixós, parroquia de Estevesiños, con 50 kVA, R.D.T. 20.000/380-220 V. Liña M.T. aérea a 20 kV, de 236 m de lonxitude en conductor LA-56, que deriva desde o apoio existente coa designación 5/8 da L.M.T. a Vences, e remata no C.T. existente en Caseta, da Pousa, R.B.T. proxectada ó C.T. de Mixós e R.B.T. proxectada do C.T. existente en Caseta, da Pousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 16 de outubro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

8767