Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Rebordondo.
Situación: Cualedro (Ourense).
Descricións técnicas: liña M.T. aérea, a 20 kV, de 20 m de lonxitude, en conductor LA-56, que deriva desde o apoio nº 12 existente da L.M.T. a C.T., en caseta, de Rebordondo e remata no C.T. aéreo proxectado na mesma localidade, con 160 kVA, R.D.T. 20.000/380-220 V, e rede de baixa tensión.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 16 de outubro de 1997.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
8764

