Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 26 de novembro de 1997 Páx. 11.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 3830 A.T.). L.M.T., C.T. e R.B.T. Coedo (O Barco de Valdeorras).

Visto o expediente incoado na sección de enerxía desta delegación provincial, por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense, no que se solicita autorización para o establecemento dunha instalación eléctrica, cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e de acordo co disposto no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas.

Esta delegación provincial resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., o establecemento da instalación eléctrica, coas características principais:

Liña aérea a 20 kV, en conductor tipo LA-56, de 30 m de lonxitude sobre apoios de formigón e metálicos, derivada desde a liña O Barco-Sobradelo, e rematará no centro de transformación aéreo con 100 kVA, 15.000/380-220 V, en Coedo (O Barco

de Valdeorras). Rede de baixa tensión en conductor R.Z. no sector.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres non conte o seu peticionario coa aprobación do seu proxecto de execución, logo do cumprimento dos trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Ourense, 14 de outubro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

8763