Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
-Solicitante: Unión Fenosa.
-Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
-Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., para poboado de Iberduero en Chandrexa de Queixa.
-Situación: Chandrexa de Queixa.
-Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, en conductor LA-56 de 94 metros de lonxitude, derivada desde o apoio proxectado da L.M.T. existente desde Chandrexa a Casteloais e rematará no C.T. proxectado aéreo en poboado Iberduero, en Chandrexa de Queixa, con 160 kVA, relación 20 kV/380-220 V. Rede de baixa tensión de 160 m en R.V.
Cumprido-los trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regualmentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Ourense, 13 de outubro de 1997.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
8760

