Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 26 de novembro de 1997 Páx. 11.357

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza a instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/109-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

-Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

-Denominación: L.M.T. Sever.

-Situación: Sever-Viana do Bolo.

-Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, de 3.066 m de lonxitude, conductor LA-56 sobre apoios de formigón, derivada desde a L.M.T. a Santa Marta de Cepedelo e remata no apoio anterior o C.T. de Castiñeira.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autoriza-las devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Ourense, 3 de outubro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

8759