Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 26 de novembro de 1997 Páx. 11.355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 16 de outubro de 1997 pola que se lle outorga concesión administrativa a Enagás, S.A. para a prestación do servicio público de conducción e subministración de gas natural para usos industriais nos termos municipais de Caldas de Reis, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa.

Visto o escrito presentado pola empresa Enagás, S.A., con enderezo social en Avda. de América, 38, Madrid, esta consellería ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-O día 25 de abril de 1997, a empresa Enagás, S.A. solicitou, ó abeiro da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de normas básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións no sector de combustibles e do Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, a concesión administrativa para a prestación do servicio público de conducción, distribución e subministración de gas natural para usos industrias nos termos municipais de Caldas de Reis, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), para o efecto do cal presentou o preceptivo proxecto das instalacións obxecto da concesión a que fai referencia o artigo 10 do Decreto 2913/1973.

As características principais das instalacións serán as seguintes:

-O trazado da conducción terá a súa orixe na posición I-020.A do gasoducto de transporte Vilalba-Tui. O trazado discorre nos termos municipais de Caldas de Reis, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa cunha lonxitude de 13.696 m.

-A calidade do aceiro utilizado nas conduccións será do tipo API-5L-Gr.B, con diámetro de 6'' na liña principal e de 4'' para os distintos ramais e acometidas.

-A presión de deseño efectiva é de 16 bar, e o caudal que se transportará para os consumos previstos é de 5.360 m N/h.

O orzamento total estimado ascende a doucentos corenta e nove millóns trescentas trinta e dous mil trescentas setenta e seis pesetas (249.332.376 ptas.).

Segundo.-De conformidade co establecido no citado Decreto 2913/1973, a Dirección Xeral de Industria dictou resolución de data do 30 de maio de 1997 pola que se someteu a información pública a concesión administrativa de referencia xunto ó correspondente proxecto de execución de instala

cións, que se publicou no DOG do 8-7-1997, no BOP de Pontevedra do 15-7-1997, no xornal El Faro de Vigo do 30-6-1997, no xornal Diario de Pontevedra do 28-6-1997 e en resumo no BOE do 20-8-1997 non presentándose ningunha oposición ó proxecto de concesión.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para outorga-la correspondente concesión administrativa con base no Estatuto de autonomía de Galicia; no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidad Autónoma de Galicia; no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas; no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, e 292/1995, do 3 de novembro, en relación coa Lei 10/1987, do 15 de xuño e o Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, que continúa en vigor de acordo co establecido na disposición transitoria primeira da Lei 10/1987, mentres non se aproben as disposicións de desenvolvemento dela.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

A Consellería de Industria e Comercio, de acordo con todo o que antecede, por proposta da Dirección Xeral de Industria e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

DISPÓN:

-Outorgar á empresa Enagás, S.A. a concesión administrativa solicitada para a prestación do servicio público de conducción e subministración de gas natural para usos industriais nos termos municipais de Caldas de Reis, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa.

Conforme o artigo 10 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, o outorgamento desta concesión leva implícita a declaración concreta de utilidade pública e urxente ocupación para efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o establecemento das instalacións e da imposición e exercicio da servidume de paso e demais limitacións de dominio.

A presente concesión administrativa axustarase a cantas prescricións se establecen na Lei 10/1987, do 15 de xuño, no Decreto 2913/1973, do 26 de outubro e a cantas outras disposicións se dictasen ou dicten sobre o servicio público de subministración de combustibles, así como ás seguintes condicións:

Primeira.-Enagás, S.A. constituirá no prazo de dous meses contados desde o outorgamento desta concesión, unha fianza por valor de 4.986.647 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obri

gacións, conforme o artigo 7, alínea b) da Lei 10/1987, do 15 de xuño e o artigo 13 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles. A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11, apartado 3º do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo; fianza que será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-A posta en marcha das instalacións obxecto desta concesión deberá producirse nun prazo máximo de tres meses contado da data en que exista posibilidade legal de ocupación física dos predios afectados, podendo ditos prazos ser prorrogados por causa xustificada, logo da correspondente solicitude acompañada da xustificación técnica ou a exposición da causa de forza maior causante da demora.

Terceira.-Nas instalacións e nas súas montaxes deberase cumpri-lo establecido no Regulamento de redes e conexións de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificada polas ordes do 26 de outubro de 1983 e 6 de xullo de 1984. Estas instalacións deberán preverse para responder ós avances tecnolóxicos no campo do gas e lograr abastecementos flexibles e seguros.

O cambio das características do gas subministrado ou a substitución por outro intercambiable requirirá a autorización da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, de acordo co artigo 8º apartado c) do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles.

Cuarta.-O concesionario deberá manter unha correcta subministración e unha adecuada e eficiente conservación das instalacións, sendo responsable da conservación e bo funcionamento deles. Así mesmo, queda suxeito a cantas prescricións se establecen no citado regulamento xeral e a cantas disposicións foran dictadas ou se dicten polo Ministerio de Industria e Enerxía ou a Xunta de Galicia sobre subministración de gases combustibles e as súas instalacións.

Quinta.-A determinación das tarifas de aplicación ás subministracións de gas rexerase polas disposicións vixentes no seu momento sobre a materia.

Sexta.-A presente concesión outórgase por un prazo de setenta e cinco anos. As instalacións obxecto desta concesión reverterán á Comunidade Autónoma de Galicia ó transcorre-lo prazo sinalado, de acordo co artigo 7, alínea c) da Lei 10/1987, do 15 de xuño.

Sétima.-Enagás, S.A. poderá transferir en calquera momento a concesión, requiríndose a autorización previa desta Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, e subrogándose o novo titular en tódalas obrigacións e dereitos do transmitente derivados da concesión.

Oitava.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra coidará do exacto cumprimento das condicións estipuladas por esta resolución. Os recoñecementos, ensaios e probas, de carácter xeral ou parcial, que segundo as disposicións en vigor han de realizarse nas instalacións obxecto da concesión deberán ser comunicadas polo concesionario á citada delegación provincial coa debida antelación.

Novena.-En casos de incumprimento das obrigas do concesionario que poidan afectar á continuidade e seguridade do servicio público, e co fin de garanti-lo mantemento do servicio ós usuarios del, a Xunta de Galicia poderá acorda-la intervención da correspondente empresa concesionaria, de acordo co artigo 128 da Constitución, adoptando as medidas oportunas para mante-las subministracións.

Décima.-Poderán ser causas de extinción da presente concesión, ademais das sinaladas na alínea e) do artigo 7 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, as seguintes:

a) O incumprimento da alínea b), do artigo 7 da Lei 10/1987.

b) A introducción de calquera variación ou ampliación na execución dos proxectos, non autorizados pola Dirección Xeral de industria, salvando as modificacións precisas para que se cumpran as disposicións vixentes.

c) Se non se levasen a cabo as instalacións de acordo coas condicións impostas na presente resolución e na autorización para a montaxe delas.

Sen embargo, se por evolución da técnica ou a distribución de gas, por utilización de diferentes materias primas ou por outras causas non fose axeitado o mantemento dalgunha ou algunhas das instalacións obxecto da presente resolución, Enagás, S.A. poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio:

1. Autorización para a modificación ou substitución das instalacións, sen altera-las restantes condicións da concesión e coa mesma data de reversión que as instalacións substituídas, ou ben

2. O outorgamento da correspondente concesión para as novas instalacións, se pola importancia dos investimentos que estas supoñan non puidese obter unha compensación económica adecuada durante o prazo que restase para a caducidade da concesión antes mencionada, tendo en conta sempre os dereitos que a Comunidade Autónoma de Galicia poida ter sobre os elementos cambiados.

Décimo primeira.-A concesión outórgase sen prexuízo de terceiros, deixando a salvo os dereitos particulares e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros, necesarios para a realización das obras das instalacións de gas.

Contra a presente orde, que é definitiva en vía administrativa, poderá interporse, se é o caso, recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa publicación, logo de comunicación a esta consellería, conforme o establecido no artigo 57.2º da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956 coa nova redacción dada pola disposición adicional undécima da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1997.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

8761