De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente nº 15-1029/1996 por infracción en materia de defensa do consumidor.
O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións ou informacións considere convenientes, e se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertíndolle ó interesado que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.
Expediente: 15-1029/1996.
Inculpado: Calefacciones Coyvi.
Domicilio: rúa de Combarro, 57, Santiago de Compostela.
Motivos: deficiente prestación dun servicio.
Data de iniciación: 19 de agosto de 1997.
A Coruña, 27 de outubro de 1997.
Juan I. Lizaur Otero
Delegado provincial do Instituto Galego
de Consumo
97-8967

