Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 26 de novembro de 1997 Páx. 11.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución nos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos 513 e 544/97.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación persoal.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos, desta delegación provincial número 0201021083 da Caixa Pontevedra O.P. de Vigo, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel que esta resolución sexa firme. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na r/ Gagos de Mendoza, 2-2º, Pontevedra.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario ante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición, sen que se presente, a resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 4 de novembro de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Nº de expediente: 544/97.

Denunciado: José Ángel Pérez González.

Enderezo: Doutor Carracido, 105-B.

Establecemento: Sueños.

Precepto infrinxido: artigo 26 c) da Lei 1/1992.

Precepto sancionador: artigo 28 da Lei 1/1992.

Sanción: 20.000 ptas.

-Nº de expediente: 513/97.

Denunciado: José Luis Bermejo Villegas.

Enderezo: Serafín Avendaño, 12.

Establecemento: Krisis.

Precepto infrinxido: artigo 26 c) da Lei 1/1992.

Precepto sancionador: artigo 28 da Lei 1/1992.

Sanción: 20.000 ptas.

97-8966