Visto o escrito presentado por Francisco Fernández Pérez, con DNI 35.173.642, no que solicita o traslado dun parque de cultivo sito no lugar das Cachadas-Combarro, Poio (Pontevedra), do que é titular por orde ministerial nº 113/1975, do 16.10.1975 (BOE nº 279), debido a que o citado establecemento quedou inhabilitado como consecuencia das obras
realizadas no peirao da Canteira-As Cachadas, Combarro (Pontevedra).
Tendo en conta que:
-A Xefatura Provincial de Costas de Pontevedra, con data do 9.6.1997, autorizou a ocupación da superficie do dominio público correspondente á nova localización do parque de cultivo.
-Vistos os informes que constan no expediente sobre a localización, características, funcionamento e traslado do citado establecemento.
Esta consellería
RESOLVE:
Autoriza-lo traslado dun parque de cultivo mariño, de 595 m, sito no lugar das Cachadas-Combarro, Poio (Pontevedra), outorgado por O.M. nº 113/1975, do 16.10.1975 (BOE nº 279), á nova localización no lugar denominado O Estanque, na praia de Campelo, entre Escofiños e a illa das Ratas, Poio (Pontevedra), baixo as seguintes condicións:
Primeira.-O traslado realizarase no prazo máximo de seis meses, contados a partir da publicación da presente orde.
Segunda.-O interesado comunicará na delegación comarcal desta consellería en Pontevedra a realización do traslado, previamente ó seu inicio, para ós efectos de que este se realice baixo a supervisión e control do persoal técnico designado pola consellería.
Terceira.-Na nova superficie do dominio-público que se ocupa non poderá realizarse ningún tipo de obra fixa.
Cuarta.-De acordo co punto 3 da disposición transitoria décimo cuarta, do R.d. 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, a vixencia da concesión remata o 29 de xullo do 2018.
Quinta.-Así mesmo, ó establecemento seranlle de aplicación as restantes condicións recollidas na orde inicial de outorgamento, salvo aquelas que fosen modificadas por disposición legal.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer recurso contencioso administrativo na forma e prazos previstos no artigo 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 1997.
Juan Caamaño Cebreiro.
Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura
8886

