Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 26 de novembro de 1997 Páx. 11.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 27 de outubro de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio das bateas de cultivo de mexillón denominadas Paquito nº 1, Paquito nº 2, Paquito nº 3 e Paquito nº 4 a favor de Paquito, S.L.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta

que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade das concesións e dos establecementos que se relacionan a continuación:

Denominación da batea: Paquito nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal C, cuadrícula 58.

Data da concesión: 2-2-1964.

Data de remate da última prórroga: 30-3-2004.

Denominación da batea: Paquito nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal C, cuadrícula 52.

Data da concesión: 29-2-1964.

Data de remate da última prórroga: 30-3-2004.

Denominación da batea: Paquito nº 3.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal D, cuadrícula 12.

Data da concesión: 18-6-1965.

Data de remate da última prórroga: 12-7-2006.

Denominación da batea: Paquito nº 4.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal D, cuadrícula 23.

Data da concesión: 9-2-1981.

Data de remate da última prórroga: 28-3-2001.

Anterior concesionario: Francisco López Silva.

Novo titular das concesións e bateas: Paquito, S.L.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente. Así mesmo, advírteselle que antes do 22-11-1997, deberá acondiciona-las dimensións das bateas Paquito nº 1 e Paquito nº 2 ás previstas no artigo 33 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21-11-1996).

A Coruña, 27 de outubro de 1997.

P.D. (Orde do 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

97-8694