Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 26 de novembro de 1997 Páx. 11.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 21 de outubro de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Rianxo nº 9, a favor de Susana Miguens López, Ramón Fungueiriño Martínez, Julio Santiago Miguens López e Mª Josefa Santiago Sanisidro.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Rianxo nº 9.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal E, cuadrícula 161.

Data da concesión: 5-11-1976.

Data do remate da última prórroga: 3-12-2006.

Anterior concesionario: José Mª Iglesias Romero e Carmen Campaña Rivas.

Novo titular da concesión e batea: Susana Miguens López, Ramón Manuel Fungueiriño Martínez, Julio Santiago Miguens López e Mª Josefa Santiago Sanisidro.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 21 de outubro de 1997.

P.D. (Orde do 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

8692