Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 26 de novembro de 1997 Páx. 11.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se aproba o proxecto de execución e se autoriza a Enagás, S.A. a instalación de rede de distribución de gas natural para usos industriais de Vilagarcía de Arousa, nos municipios de Caldas de Reis, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa.

Vistos os escritos e documentación presentados pola empresa Enagás, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na Avda. de América, nº 38, 28028 Madrid, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeira.-Con data do 25 de abril de 1997, a referida empresa solicitou, ó abeiro do establecido na Lei 10/1987, do 15 de xuño, no artigo 9 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles e para efectos previstos no seu artígo 20 en relación co Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, a concesión administrativa, a autorización das instalación descritas no proxecto de execución denominado Gasificación de Galicia: Rede de Vilagarcía de Arousa e a aprobación do citado proxecto, que foi redactado conforme o esixido polo Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos, aprobado pola orden do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificado por ordes do Ministerio de Industria e Enerxía, do 26 de outubro de 1983, do 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994.

As características técnicas básicas das instalacións serán as seguintes:

-O trazado da conducción terá a súa orixe na posición I-020.A do Gasoducto de Transporte Vilalba-Tui, atravesando os termos municipais de Caldas de Reis, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa, cunha lonxitude total de 13.696 metros.

-A tubería construirase en aceiro de calidade Gr. B, segundo API 5L, con diámetro de 60'' para a liña principal e de 40'' para os distintos ramais e acometidas.

-A presión de deseño efectiva e de 16 bar e o caudal que se vai transportar para os consumos previstos é de 5.360 m N/h.

-Instalacións auxiliares: válvulas de seccionamiento, válvulas de derivación e válvulas de acometida.

O orzamento das instalacións ascende a 249.332.376 ptas.

Segunda.-Por resolución desta Dirección Xeral de Industria, do 30-5-1997, someteuse a información pública o referido proxecto xunto coa relación de bens e dereitos afectados, publicada no Diario Oficial de Galicia do 8-7-1997, no BOP de Pontevedra do 15-7-1997, no xornal El Faro de Vigo do 30-6-1997, no xornal Diario de Pontevedra do 28-6-1997, o extracto no BOE do 20-8-1997 e exposto, igualmente, nos taboleiros de anuncios dos con

cellos de Caldas de Reis, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa e na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra. Durante o período legalmente establecido recibíronse as seguintes alegacións:

1) Fernando García Carrillo, en calidade de xerente da empresa Prefhorvisa-Caldas, S.L. afirma que esta empresa é propietaria dos predios PO-CA-936, 937, 938 y 939. Engade que as obras de instalación afectan a terreos dedicados a almacenaxe dos seus productos, dificultando o movemento de materiais durante as obras e desvalorizando os terreos ó imposibilitarse a edificación na zona de servidume. Por iso propón que a conducción discorra pola marxe oposta da estrada xa que se trata dun ramal para abastecemento da empresa CLESA, que está situada ó outro lado da estrada.

2) Modesto Ayude Cancela, propietario do predio PO-CA-934, solicita que a conducción se desprace, ben á cabeceira norte dos predios lindando coa estrada de Chapa a Carril ou ben cara á zona sur, o máis posible do río Umia.

3) Gumersindo Mosquera Caramés, propietario do predio nº PO-VA-67, solicita que o trazado da tubería discorra por un camiño local próximo ó seu predio, sen afecta-las propiedades privadas, ou ben por montes veciñais en man común.

4) María Gardenia Cabanelas Novo e 17 máis, propietarios de terreos afectados polo ramal de acometida á industria Ramiro Martínez, afirman que o proxecto afecta de maneira irreparable os seus predios, provocando a definitiva desaparición do arboredo existente. Engaden que se adhiren ó acordo da Comisión de Goberno do Concello de Vilanova de Arousa, do que xuntan copia. Por iso solicitan a variación do trazado co fin de que discorra por viarios públicos.

5) Carmen Negro Gómez, propietaria do predio PO-VA-125, propón que a conducción discorra en paralelo á estrada CN-640 co fin de posibilitar futuras acometidas de gas a industrias da zona.

6) José Benito Novas Rey afirma se-lo titular do predio PO-CA-1165 e solicita a modificación do trazado de forma que lle afecte o menos posible.

As alegacións foron remitidas á empresa beneficiaria.

Terceira.-Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co obxecto de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente, significándolles que, de non recibiren resposta no prazo de trinta días contados desde a recepción se entendería emitido en sentido favorable.

Cuarta.-Con data do 16 de outubro de 1997, a Consellería de Industria e Comercio outorgou a Enagás, S.A. a concesión administrativa para a conduc

ción e subministración de gas natural para usos industriais nos termos municipais de Caldas de Reis, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa.

Quinta.-Sobre a solicitude obxecto deste expediente foi emitido informe favorable pola Delegación Provincial de Pontevedra.

Fundamentos de dereito.

Primeira.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, e Decreto 132/1982, do 4 de novembre e o Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, 292/1995, do 3 de novembro e 187/1997, do 3 de xullo, en relación coa citada Lei 10/1987, do 15 de xuño, cos decretos 2913/1973, do 9 de decembro e 1775/1967, do 22 de xuño, e en virtude do establecido no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do procedemento.

Segunda.-O proxecto cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no citado Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, e nas normas ou regulamentos que as desenvolven, así como no Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos, aprobado pola orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974.

Terceira.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a éstas por parte de Enagás, S.A. e do resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1) Se toma nota do erro de titularidade nos predios PO-CA-936, 937, 938 y 939, continuándose as actuacións coa nova titular. Non obstante, Prefhorvisa Caldas, S.L. deberá achegar durante o trámite de levantamento de actas previas á documentación que acredite a súa condición de propietaria. O trazado proposto para o ramal discorre en paralelo á estrada N-640 de Caldas a Vilagarcía de Arousa precisamente para evitar crear novas servidumes sobre os predios afectados, ó superpoñerse a constituída pola tubería de gas coa xa existente da estrada, non limitándose polo tanto a posible edificabilidade do predio, xa que, ademais, a limitación de construír que impón a tubería é unha norma de criterio xeral que podería reducirse logo de solicitude ó organismo competente da Administración, neste caso á Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra, cumprindo unhas medidas mínimas de seguridade. Non se pode acepta-la modificación do trazado pola marxe oposta da estrada

debido a que trasladaría a afección a terceiros non incursos no expediente. Por último, co fin de produci-las menores interferencias posibles durante a execución das obras no proceso de fabri

cación, carga, descarga, etc. da empresa alegante, a empresa beneficiaria porase en contacto co seu persoal técnico co obxecto de habilita-los medios precisos e realizaranse os axustes necesarios para compatibilizar ámbalas actividades, protexendo suficientemente a tubería para posibilita-lo almacenaxe de productos.

2) Non se pode admiti-la modificación proposta por Modesto Ayude Cancela xa que, co traslado da tubería ó sur do predio se afectaría a terceiros non incursos no expediente. Por outro lado, o trazado actual paralelo a estrada N-640 fai que a servidume da tubería se implantára dentro da dita estrada, podendo non obstante reducirse a limitación de edificación sempre que se solicite ó organismo competente da Administración. Por último, posto que na relación de bens e dereitos afectados sometida a información pública figura como propietaria do predio Fábrica de Salazones. Bacalao Romay, o alegante deberá acreditar suficientemente a súa condición de propietario e achega-la documentación oportuna, co fin de rectificar, se é o caso, o erro padecido e continuar con él o resto das actuacións.

3) Non se poden acepta-las variantes propostas por Gumersindo Mosquera Caramés, María Gardenia Cabanelos Novo e 17 máis, xa que a tubería, por cuestións técnicas, non pode discorrer continuamente por camiños vecinais ou outras vías públicas, posto que se producen xiros bruscos na sua dirección e en innumerables ocasións non teñen unhas dimensións mínimas para a súa instalación. Ademais, a configuración xeométrica dos ditos camiños ou viarios adáptase normalmente ó terreo, discorrendo por medias ladeiras, en desmontes ou terrapléns que non garanten a estabilidade da tubería.

4) Non se pode acepta-la alternativa proposta por Carmen Negro Gómez, xa que resulta preceptivo gardar unha distancia mínima de 25 m a estrada indicada, tal e como esixe a vixente lexislación de estradas, e que non se pode cumprir esta distancia dada a inxente cantidade de edificacións situadas a menor distancia.

5) Tómase do erro padecido na relación de bens e dereitos respecto ó predio PO-CA-1165, continuándose co alegante o resto das actuacións. Non obstante, deberá acreditar suficientemente a súa condición de propietario e achega-la documentación oportuna. Polo demais, a modificación solicitada que propón resulta inviable, xa que afectaría a terceiros non incursos no expediente, e que o trazado proposto discorre paralelo ó camiño estremeiro co predio, polo que non afecta ó resto desta, que queda libre e útil para o seu uso actual.

Cuarta.-Enagás procederá a realiza-los cruzamentos e afeccións a organismos públicos de acordo cos condicionados e informes realizados ou, se é o caso, pendentes de realizar.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Outorgarlle a Enagás, S.A. a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución das instalacións que se recollen no proxecto de rede de distribución de gas natural para usos industriais de Vilagarcía de Arousa, nos termos municipais de Caldas de Reis, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa, consonte as seguintes condicións:

Primeira.-As instalacións deberán realizarse conforme as especificacións e planos do proxecto que se aproba.

Segunda.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten os datos básicos do proxecto será necesario a autorización desta Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio de Pontevedra poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicarlle a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Terceira.-En todo momento deberá cumprirse canto establece o Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificado polas ordes do Ministerio de Industria e Enerxía, do 26 de outubro de 1983, 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994, así como as instruccións técnicas complementarias ITC-MIG 5.2. Canalizacións de transporte e distribución de gas en alta presión A» e ITC-MIG 6.1. Acometidas de gas en alta presión, aprobadas pola Orde do 26 de outubro de 1983 e modificadas pola do 6 de xullo de 1984, normas UNE e demais normativas e directrices vixentes.

Cuarta.-Os materiais e instalacións eléctricas deberán cumpri-lo disposto no Regulamento electrotécnico de baixa tensión e as súas instruccións técnicas complementarias, así como a norma UNE 20.322-86: clasificación de lugares con risco de explosión debido á presencia de gases, vapores e néboas inflamables. A localización de canalizacións deberá realizarse segundo o establecido na norma UNE 60-302. As zonas de seguridade e coeficientes de cálculo estarán de acordo co establecido na norma UNE 60-305, debendo así mesmo establecerse dispositivos que limiten a presión nas canalizacións ós valores máximos de servicio autorizados.

Quinta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións será de seis meses contados desde a a data na que exista posibilidade legal de ocupación física dos predios afectados, podendo solicitar prórroga, en caso necesario, logo da oportuna xustificación.

Sexta.-A Delegación Provincial de Industria e Comercio de Pontevedra deberá realizar durante as obras e unha vez rematadas estas, as comprobacións

e probas que considere necesarias en relación co cumprimento das condicións xerais e específicas establecidas.

Sétima.-O peticionario manterá informada a Delegación Provincial de Industria e Comercio de Pontevedra de calquera incidencia que se poida producir durante a execución das obras e tamén das datas e fases previstas para a realización de probas e controis regulamentarios, todo iso con antelación suficiente, acreditando posteriormente ante a citada delegación provincial que os ensaios previstos se realizaron por entidades ou persoas legalmente facultadas e con resultado satisfactorio.

Ó finaliza-las obras remitiráselle a dita delegación provincial o certificado final da dirección de obra, asinado por técnico competente, que acredite que as instalacións cumpren as condicións técnicas e prescricións regulamentarias que lles son de aplicación e que se axustan ó proxecto aprobado e/o, se é o caso, ás modificacións autorizadas, xuntando as actas e controis das probas e controis regulamentarios. A delegación provincial, logo de informe do técnico designado pola dita delegación estenderá, se procede, a acta de posta en marcha da instalación.

Oitava.-Os cruzamentos especiais ou outras afeccións a bens de dominio público realizaranse de conformidade cos condicionados técnicos impostos polos organismos afectados.

Novena.- O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construcción e despois da súa posta en servicio co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Décima.-Para a seguridade das instalacións a que se refire a presente autorización establécense as seguintes afeccións en relación cos elementos que se mencionan:

Uno: expropiación forzosa dos terreos sobre os que se van construí-las instalacións fixas en superficie.

Dos: para as canalizacións:

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de dous metros de largo, un a cada lado do eixe, por donde discorrerá enterrada a tubería ou tuberías que se requiran para a conducción do gas. Esta franxa estará suxeita ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a dous metros contados desde o eixe da tubería.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras, construcción, edificación ou efectuar actos que puidesen danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a cinco metros do eixe do trazado, a un e outro lado del. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expre

samente e se cumpran as condicións que en cada caso fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación, as tomas de potenciais e os tubos de ventilación e outras instalacións auxiliares, así como de realiza-las obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da zona que se reflicta para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que se fará desaparecer temporalmente todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas para os ditos fins.

Tres: para o paso dos cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica:

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo dun metro de largo, por onde discorrerán enterrados os cables de conexión. Para os leitos dispersores da protección catódica, a franxa de terreo, onde se establece a imposición de servidume permanente de paso terá como largo, o correspondente ó da instalación máis un metro a cada lado. Estas franxas estarán suxeitas as seguintes limitacións:

-Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos e para realizar calquera tipo de obras, construcción ou edificación a unha distancia inferior a 1,5 metros a cada lado do cable de conexión ou do límite da instalación enterrada dos leitos dispersores, pudendo exerce-lo dereito a cortar ou arrinca-los árbores ou arbustos que houbese a distancia inferior á indicada.

-Libre acceso do persoal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

B) Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación, e na que se poderá facer desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e montaxe das instalacións ou operacións precisas para os ditos fins.

Catro: para as liñas eléctricas de media tensión:

A) Servidume permanente de paso nunha franxa de terreo dun metro a cada lado do eixe da liña e en todo seu trazado, que implicará:

-Libre acceso do persoal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las ins

talacións con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

B) Servidume permanente de voo nunha franxa de quince metros centrada no eixe da liña, na que se establecen:

-Prohibición de levantar edificacións ou construccións de calquera tipo, nin efectuar actos que poidan dañna-lo bo funcionamento da liña, a unha distancia inferior a sete metros e medio do eixe da liña de postes do tendido.

-Prohibición de plantar árbores con altura máxima superior a catro metros a unha distancia inferior a 3 metros do eixe da liña de postes do tendido.

C) Ocupación temporal da superficie que se determina para cada predio nos planos parcelarios para realiza-las obras necesarias.

Décimo primeira.-A compañía operadora deberá ter un programa de vixilancia, inspección e control para observa-las condicións nas que se encontran as canalizacións, debendo manter unha central de avisos atendida permanentemente e dispor dun plan de emerxencia escrito que describa a organización e actuación de medios humanos e materiais propios nas situacións de emerxencia. Así mesmo deberá facilita-los ós servicios de bombeiros, concello e organismos con competencias en materia de protección civil, copias dos planos de situación das canalizacións e características destas. Esta documentación será copia da que debe ter actualizada en arquivo a compañía operadora durante o período de explotación, de acordo co establecido no Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos e demais disposicións complementarias e modificadoras.

Décimo segunda.-A autorización outorgarase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias de competencia doutros organismos ou entidades públicas, necesarios para realiza-las instalacións aprobadas.

Décimo terceira.-A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas sinaladas polo artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos, pola extinción da concesión da que dimana ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interporse, se é o caso, recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio, no plazo dun mes contado desde o día seguiente ó da notificación ou publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

8693