Vistos os escritos e a documentación presentados pola empresa Enagás, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na Avda. de América, nº 38, 28028 Madrid, esta dirección xeral ten en conta os seguintes, feitos:
Primeiro.-Con data do 13 de outubro de 1995, esta dirección xeral aprobou o proxecto de execución e autorizou as instalacións recollidas no proxecto: rede O Porriño-Vigo.
Segundo.-Con data do 9 de maio de 1997, a referida empresa solicitou, ó abeiro do establecido na Lei 10/1987, do 15 de xuño, no artigo 9 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles e para os efectos previstos no seu artigo 20 en relación co Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, a autorización da modificación de instalacións descrita no proxecto de execución denominado: rede O Porriño-Vigo, addenda 1, e a aprobación do citado proxecto, que foi redactado conforme o esixido polo Regulamento de redes e acometidas de combustibles
gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificado polas ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, do 6 de xullo de 1984 e do 9 de marzo de 1994.
As modificacións, que reducen a lonxitude total en 475 m lineais, están comprendidas nos seguintes tramos:
* O Porriño: o trazado orixinal modifícase nas seguintes zonas:
-A primeira sitúase entre os vértices V-G-0 y V-G-2 e os vértices V-V-1 y V-V-2, debido ó cambio de localización da posición I-024.
-A segunda sitúase entre os vértices V-P-3 y V-P-6, co fin de situa-lo trazado a 4 metros ó exterior do valado de peche da autovía.
-A terceira sitúase entre os vértices V-P-23 y V-P-26, desprazándose o trazado inicial para evita-la afección a un soar urbano.
-A cuarta sitúase entre os vértices V-G-10-1 y V-G-16, co fin de conecta-la rede de derivación ó polígono das Gándaras máis cara ó leste e despraza-la zona do paralelismo coa autovía.
-A quinta, situada entre os vértices V-G-18 y V-G-19, evita a influencia negativa das torres de alta tensión.
-Finalmente, a correspondente á rede de derivación de Salceda e Cartoespaña cambia o seu punto de saída do vértice V-G-33 o V-G-19-1, suprimíndose o trazado desde o vértice V-S-0 ata o V-S-18 e ampliándose entre os vértices V-S-17-3 a V-S-18 e V-S-17-0 a V-S-17-20.
* Mos: esta variación do trazado consta de dúas zonas:
-A primeira, sitúase entre os vértices V-M-42 y V-M-50, co obxecto de non afectar en paralelo as vías e evitar ó máximo o cruzamento dos predios semiurbanos.
-A segunda sitúase entre os vértices V-M-0 y V-M-2, motivada polas directrices do Plan de Ordenación da Universidade.
* Vigo: esta modificación do trazado orixinal consta de dúas zonas:
-A correspondente á zona da universidade, que comeza co límite co Concello de Mos e despraza o trazado ó norte para aproveita-las vías e as zonas verdes existentes, situándose entre os vértices V-V-20 y V-V-25.
-A segunda zona, que corresponde á zona do parque tecnolóxico, e se sitúa entre os vértices V-V-27 y V-V-31-74, despraza a rede para situala paralela ó río San Quintián, río Barxa e ó colector de Seraguas existente no parque tecnolóxico.
Debido á previsión no incremento de consumo, tanto para a rede urbana e industrial de Vigo como
para a ampliación do polígono industrial das Gándaras de Vigo, aumentáronse os diámetros dos tubos, pasando éstes de 12'', 10'', 8'', 6'' y 4'' iniciais, a 14'', 12'', 10'', 8'' y 6'', respectivamente.
A tubería construirase de aceiro de calidade Gr. B., segundo API 5L, incluíndo parte proporcional de accesorios.
A presión de deseño efectiva é de 16 bar.
O caudal que se vai transportar para os consumos previstos ascende a 5.640 Nm3/h.
Terceiro.-Por resolución da Dirección Xeral de Industria do 27 de maio de 1997, someteuse a información pública a referida addenda ó proxecto xunto coa relación de bens e dereitos afectados, publicada no Diario Oficial de Galicia do 1 de xullo de 1997, no BOP de Pontevedra do 19 de xuño de 1997, no xornal El Faro de Vigo do 11 de xuño de 1997, en extracto no BOE do 1 de xullo de 1997, sendo exposto, igualmente, no taboleiro de anuncios dos concellos do Porriño, Mos e Vigo e no da delegación provincial de Pontevedra. Durante o período no que se someteu a trámite de información pública recibíronse as seguintes alegacións:
1) Florentino Domínguez Rodríguez, propietario do predio nº PO-PR-1098 V, solicita que a instalación da conducción se realice polo camiño que discorre polo lado leste do predio, evitando dese xeito o posible prexuízo no uso do predio; engade que a construcción da instalación ocasionará a perda do valor adquisitivo do terreo.
2) José Antonio Iglesias Álvarez, en representación da empresa Maderas Iglesias, S.A., propietaria dos predios PO-PR1078 V y PO-PR-1078-PO V, expón que ambos predios quedarán constituídas nunha soa unidade pola ampliación das súas instalacións, e que o trazado previsto para a conducción do gas lles prexudicaría ostensiblemente; solicita por iso que a conducción se desprace ó límite da propiedade, paralela ó río Louro.
3) Juan Antonio Martín Labajos afirma se-lo titular do predio PO-MS-1134 V, e achega documentación acreditativa da súa titularidade.
4) O Concello do Porriño afirma se-lo titular dos predios PO-PR-1185 V y PO-PR-1186 V; por outra parte consideran que o trazado entre os vértices VP-22, VP-23, VP-24-1 y VP-27 non é o máis idóneo xa que o seu trazado afecta innecesariamente tanto as propiedades do concello como de particulares, polo que propón que o trazado entre eses puntos se substitúa por outro que discorra paralelo á Avd. de Buenos Aires e á travesía do Matadoiro.
5) M. Carmen Cabaleiro Rodríguez, propietaria do predio PO-PR-1188 V, solicita que se modifique o trazado entre os vértices VP-24-1 y VP-27 co fin de que a conducción non discorra pola metade do predio, propoñendo un trazado alternativo que discorra paralelo á Avd. de Buenos Aires e á travesía do Matadoiro; así mesmo, manifesta que a parcela
e de natureza urbana e non rústica dedicada a monte baixo, tal e como aparecía na relación de bens e dereitos publicada no seu día.
6) Mª Dolores García Lago, propietaria do predio PO-VO-40, oponse á variación do trazado, solicitando que siga polo seu trazado orixinal; alega, ademais, indefensión aducindo que o proxecto non foi sometido a información pública.
7) José Abalde Estévez, Severo Barreiro e Laura Figueiras Comesaña, propietarios dos predios PO-VO-188 V, PO-VO-189 V y PO-VO-190 V/191 V respectivamente, expoñen que co novo trazado proposto se produce a práctica inutilización dos predios sobre os que actualmente existe una servidume de paso de colector paralela á que se sumaría a ocasionada pola conducción de gas.
8) Carlos Sánchez Bastos, en calidade de presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pereiras, solicita que o trazado da conducción se axuste á liña lateral interior do monte Salgueiras, evitando así fraccionamentos e condicionantes innecesarios para o terreo.
9) Carmen Alonso Rodríguez, propietaria do predio PO-VO-169-V, solicita a expropiación total do citado predio por considerar que, co trazado proxectado, a súa explotación resultará antieconómica.
As alegacións foron enviadas á empresa beneficiaria para a súa contestación.
Cuarto.-Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras e servicios, centros e zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente, significándolles que, de non recibiren resposta no prazo de trinta días a contados desde a recepción, se entendería emitido en sentido favorable.
Quinto.-Con data do 12 de marzo de 1993, a Consellería de Industria e Comercio outorgoulle a Enagás, S.A. a concesión administrativa para a conducción e subministración de gas natural para usos industriais en diversos concellos da provincia de Pontevedra, entre eles, Mos, O Porriño e Vigo.
Sexto.-Sobre a solicitude obxecto deste expediente foi emitido informe favorable pola Delegación Provincial de Pontevedra.
Fundamentos de dereito.
Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente consonte o Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica
da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, 292/1995, do 3 de novembro, e 187/1997, do 3 de xullo, en relación coa citada Lei 10/1987, do 15 de xuño, cos decretos 2913/1973, do 9 de decembro. e 1775/1967, do 22 de xuño, e en virtude do establecido no acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do procedemento.
Segundo.-O proxecto cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no citado Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, así como as normas ou regulamentos que as desenvolven, e o Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos aprobado pola orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974.
Terceiro.-Á vista das alegacións formuladas e da contestación da empresa beneficiaria dedúcese que:
1) Se toma nota dos erros de titularidade padecidos na relación de bens e dereitos afectados, se ben os titulares dos predios deberán achegar durante o trámite de levantamento de actas previas á documentación que acredite a súa condición de propietarios.
2) Non se pode admiti-la modificación proposta por Florentino Domínguez Rodríguez, xa que a tubería, por cuestións técnicas, non pode discorrer continuamente por camiños veciñais e outras vías públicas, posto que se producen xiros bruscos na súa dirección e en innumerables ocasións non teñen unhas dimensións mínimas para a súa instalación. Ademais, a configuración xeométrica dos ditos camiños ou viarios adáptase normalmente ó terreo, discorrendo por medias ladeiras, en desmontes ou terrapléns que non garanten a estabilidade da tubería. Por último, non se toma en consideración a valoración da afección por non ser obxecto desta fase do expediente.
3) Se aceptan as variantes propostas por de José Antonio Iglesias Álvarez, en representación da empresa Maderas Iglesias, S.A., o Concello do Porriño y Carmen Cabaleiro Rodríguez, xa que os cambios de trazado se producirán exclusivamente dentro dos predios dos alegantes, sen que por iso se varíe a afección ós seus colindantes ou se afecte a terceiros non incursos no expediente que se tramita.
4) Non se pode acepta-la modificación proposta por Mª Dolores García Lago, xa que trasladaría a afección a terceiros non incursos no expediente que se tramita e que poderían pronunciarse en igual sentido que a alegante. Respecto á suposta indefensión, o proxecto seguiu os trámites legalmente previstos,
sendo sometido a información pública nos medios e datas citadas no punto cuarto dos antecedentes.
5) Enagás, S.A. efectuará a José Abalde Estévez, Severo Barreiro y Laura Figueiras Comesaña, unha descrición pormenorizada da afección causada ós terreos da súa propiedade no momento do levantamento da acta previa á ocupación. A valoración do prezo xusto polos bens e dereitos afectados realizarase no momento procedemental oportuno.
6) O trazado solicitado pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pereiras, é similar ó proxectado inicialmente, que non se viu sometido a modificación ningunha nin se encontra inmerso neste expediente.
7) Non se pode acepta-la solicitude de expropiación total do predio PO-VO-169-V realizada por Carmen Alonso Rodríguez, xa que non queda acreditado que o resto non afectado resulte antieconómico para a propiedade, dado que o que se constitúe, en este caso, é unha servidume permanente de paso de tubería, que establece unha serie de limitacións derivadas de garantir e dar seguridade ó bo uso da franxa afectada, sen que iso impida a súa utilización agrícola ou a reducción das limitacións impostas para as edificacións se fose preciso; para este fin deberá acreditarse a súa necesidade e cumpri-las condicións que estableza o organismo competente.
Cuarto.-Enagás procederá a realiza-los cruzamentos e afeccións a organismos públicos de acordo cos condicionados e informes realizados ou, no seu caso, pendentes de realizar.
Quinto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.
Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,
RESOLVE:
Otorgar a Enagás, S.A. a autorización administrativa e a aprobación da modificación ó proxecto de execución das instalacións que se recollan na addenda 1 ó proxecto rede Porriño-Vigo, reflectidas no apartado terceiro dos antecedentes, correspondentes ós concellos do Porriño, Mos e Vigo, consonte as condicións establecidas na citada Resolución do 13 de outubro de 1995.
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación ou notificación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 29 de octubro de 1997.
Joaquín del Moral Crespo
Director xeral de Industria
9302

