Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación, que se insire a continuación, non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro ou se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:
Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 2559, Banco Galego, urbana nº 3, rúa Brasil, nº 11 de Vigo, nos prazos sinalados no artigo 20 do Real decreto 1685/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (R.X.R.).
Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do R.X.R., esixirase os correspondentes xuros de demora (artigo 21 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia).
Transcorridos seis meses desde a finalización sen que se produxise o cobramento, iniciarase o período executivo.
Contra esta liquidación poderán interpoñer, no prazo de quince días desde o seguinte a esta notificación, recurso de reposición perante o órgano emisor ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma.
Para que conste e sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.
Vigo, 9 de outubro de 1997.
Xosé Manuel González Álvarez
Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo
Suxeito pasivo: Celia Vázquez García.
DNI/NIF: 36.019.185.
Concepto: asistencia sanitaria.
Período: 27-11 ó 24-12-1994.
Débeda: 1.793.550.
9311

