Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 26 de novembro de 1997 Páx. 11.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1997 pola que se anuncia concurso para a execución das obras comprendidas no proxecto de urbanización da Ronda de Outeiro, tramo de aparcamento da zona Os Mallos (2ª fase).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente O97/65.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de urbanización da Ronda de Outeiro, tramo de aparcamento zona Os Mallos (2ª fase).

Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 53.154.332 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 1.063.087 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación: grupo A, subgrupos 1 e 2, categoría e. Grupo C, completo, categoría e. Grupo I, subgrupos 1 e 6, categoría e. Grupo K, subgrupos 4, 5 e 6, categoría e.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles (oferta económica, documentación administrativa e documentación técnica) e o seguinte lema: proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de urbanización da Ronda de Outeiro, tramo de aparcamento zona Os Mallos (2ª fase).

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 29 de outubro de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

8878