Entidade adxudicataria: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente, Secretaría. Obxecto do contrato, a instalación de saneamento en Ouzande, incluídas no proxecto do arquitecto técnico municipal e mailos m.l. que se poidan ofertar a maiores polos licitadores. Prazo de execución, catro meses.
Tramitación, ordinaria. Procedemento, aberto. Forma, concurso. Tipo de licitación, 11.148.721 ptas. Garantía provisoria, 222.975 ptas. Garantía definitiva, 445.950 ptas., e máis unha garantía complementaria equivalente ó 4% das melloras ofertadas. Obtención de documentación na Secretaría Xeral. Información chamando ó Concello da Estrada, Tlf. 57 01 65, extensión 15.
Presentación de ofertas, nos vinteseis días naturais seguintes á publicación deste anuncio no DOG, na oficina de plicas da Secretaría Xeral de 9 a 13 horas.
Presentación de ofertas en tres sobres: no sobre nº 1 presentarase a documentación que se establece no prego de condicións. Sobre nº 2, oferta económica adaptada ó modelo. Sobre nº 3, melloras no proxecto
adaptadas ó modelo. Compromiso de reducción do prazo de execución da obra. Referencias de traballo similares.
Apertura, en acto público, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte. A valoración do concurso levarase a cabo con posterioridade.
Os pregos íntegros remitiranse por fax ós que o soliciten.
Gastos de anuncios, por conta do adxudicatario.
A Estrada, 28 de outubro de 1997.
O alcalde
Rubricado
9312

