Anúnciase que, por resolución do concello con data do 13 de novembro de 1997, se adoptou o seguinte acordo:
1. Aprobar inicialmente os estatutos e bases de actuación do plan parcial de SAA, SUP 7, (sector 1) por instancia de Inmobiliaria Visaxe, S.L. e outros en representación dos propietarios das parcelas incluídas no dito polígono.
2. De conformidade co previsto no artigo 133 en relación do 102 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de 20 días, que empezará a contar desde a última publicación oficial do presente edicto no DOG e no BOP para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.
O presente anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Guarda, 13 de novembro de 1997.
Purificación Álvarez Álvarez
Alcaldesa
9313

