Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 22 de decembro de 1997 Páx. 12.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/167-2, 4657 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: reforma subestación Magazos.

Situación: Viveiro.

Características técnicas: instalación de interruptores en liñas e acoplamiento de barras. Substitución peches e frontais de celas. Instalación de relés de sobreintensidade homopolar direccionais. Substitución da instalación de iluminación manual e emerxencia. Reforma cadro servicios auxiliares, para mellora da subestación de Magazos, en Viveiro.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos

condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 27 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9747