Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.
Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en San Cibrao.
Situación: Lugo.
Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 55 mm Al, cunha lonxitude de 15 metros, sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 100 kVA 20.000/380-220 V, sobre torre metálica. Rede de baixa tensión con conductor R.Z.-95 Al, para mellora do servicio eléctrico en San Cibrao, concello de Lugo.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 27 de outubro de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
9751

