Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 22 de decembro de 1997 Páx. 12.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/40-2, 4707 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Mondoñedo.

Situación: Mondoñedo.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV a C.T. Praza José Trapero Pardo, en conductor R.H.V.-12/20 kV-3x150 Al, cunha lonxitude de 90 metros. L.M.T. subterránea a C.T. Praza Catedral, en conductor R.H.V.-12/20-3x150 Al, cunha lonxitude de 200 metros. Dous centros de transformación de 630 kVA 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión en conductor R.V.-0,6/1 kV-4x95 Al, para mellora do servicio eléctrico na zona.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 27 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9750