Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.
Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.
Denominación: L.M.T. Subt., C.T., R.B.T. Edificio Gervasio Cao-Paseo Marítimo.
Situación: Ribadeo.
Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, realizada en conductor R.H.V.-12/20 kV-3x150 Al, cunha lonxitude de 650 metros. Centro de transformación de 630 kVA 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.V.-0,6/1 kV-4x95 Al, para suministro eléctrico ó Edificio Gervasio Cao no Paseo Marítimo, en Ribadeo.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que
se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 27 de outubro de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
9749

