Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade
pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:
Solicitante: Eurovento, S.A.
Domicilio social: Galeras, 17, piso 3, oficina 4, 15705 Santiago de Compostela.
Denominación: interconexión parques eólicos Paxareiras I e II-A.
Situación: Mazaricos-Muros e Carnota.
Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de alta tensión, a 30/66 kV, en dobre circuíto, sobre apoios metálicos e con conductor LA-280, de 4.844 m con orixe na subestación Paxareiras (expediente 145/97) situada próxima a apoio nº 79 da liña Pontella-Tambre e final no parque eólico Paxareiras I. Liña eléctrica aérea de alta tensión, a 30 kV, sobre apoios metálicos e con conductor LA-280, de 2.554 m de lonxitude, con orixe no parque eólico de Paxareiras II e final no parque eólico Paxareiras I.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulo III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 29 de outubro de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
9744

