Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.
Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.
Denominación: L.M.T., C.T. estación elevadora de augas.
Situación: Vilalba.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 55 mm Al, cunha
lonxitude de 803 metros, sobre apoios de formigón e torres metálicas. Centro de transformación de 100 kVA 20.000/380-220 V sobre torre metálica, para dotar de subministración eléctrica a estación elevadora de augas en Vilalba.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 29 de outubro de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
9745

