Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 22 de decembro de 1997 Páx. 12.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/36-2, 4670 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Domicilio social: rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo

Denominación: L.M.T. Subt. C.T., R.B.T. edificio Inversións Vilela, rúa Salmón.

Situación: Lugo.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 200 metros, realizada con conductor D.H.Z.1, 12/20 kV, de 1x150 mm Al. Centro de transformación de 2x630 kVA 20.000/380-220 V±5%. Liña de media tensión en conductor D.H.Z.1 12/20 kV, para suministración eléctrica ó edificio Inversións Vilela, na rúa Salmón en Lugo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 31 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9741