Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 22 de decembro de 1997 Páx. 12.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/170-2, 4662 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T. Subt. e C.T. en vivendas sociais.

Situación: Mondoñedo.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con cable DHZ1-12/20 kV de 1x150 mm Al, cunha lonxitude de 360 metros. Centro de transformación de 400 kVA 20.000/398-230±2,5%±5% V, para subministración eléctrica a vivendas sociais en Mondoñedo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 31 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9740