Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 22 de decembro de 1997 Páx. 12.343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/78-2, 4763 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.

Denominación: L.M.T., subt. e C.T. en San Miguel de Reinante.

Situación: Barreiros.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con cable D.H.Z.1 12/20 kV de 1x150 mm Al, cunha lonxitude de 270 metros. Centro de transformación de 630 kVA 20.000/420-242 ± 2,5% + 5% + 10% V, para mellora do servicio eléctrico en San Miguel de Reinante, concello de Barreiros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 4 de novembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9736