Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 22 de decembro de 1997 Páx. 12.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/15-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Eléctrica del Jallas, S.A:

Domicilio social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denomianción: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Risamonde e Castelos.

Situación: Muxía.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV de 628 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte

do apoio nº 1 da L.M.T. a C.T. Senande e final no C.T. Castelos, de 100 kVA, tipo aéreo, a 20 kV B2.

Rede de baixa tensión de 1.002 m de lonxitude en conductor R.Z. Concello de Muxía.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 12 de novembro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9586