Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: derivada da liña eléctrica de media tensióna 15/20 kV.
Situación: Melide.
Características técnicas: derivada de liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV sobre apoios de formigón e cun conductor LA-56 de 30 m cun orixe na liña en Montoutiño-Casallas e final no C.T. que se vai instalar. Centro de trransformación aéreo de 50 kVA e unha tensión de 15/20 kV 0,380-0,220 kV en Penas, do que parte a rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 1.040 m, discorrendo polo concello de Melide.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 13 de novembro de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
9627

