Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 22 de decembro de 1997 Páx. 12.345

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/137-2, 4828 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.

Denominación: ampliación R.B.T. aérea en estaleiros.

Situación: Foz.

Descricións técnicas: ampliación da rede de baixa tensión aérea, en conductor R.Z.-0,6/1 kV 3x50-95 Al, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico no lugar de astilleros, en Foz.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 14 de novembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9627