Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. Arcebispo Andrade.
Situación: Vilagarcía de Arousa.
Descricións técnicas: L.M.T. subterranea, a 20 kV, de 240 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña LCS 8.11 á altura das rúas Arcebispo Andrade e Covadonga, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta en Arcebispo Andrade, rematando na mesma liña, concello de Vilagarcía de Arousa. C.T. de 400 kVA, relación de transofrmación 20 kV-380-220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 14 de novembro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
9624

