Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 22 de decembro de 1997 Páx. 12.346

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/350-4)).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: R.B.T. Cea-Vento.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Descricións técnicas: R.B.T., aérea, de 850 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, desde o C.T. de Sobreiral, en Cea-Vento, concello de Vilagarcía de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 17 de novembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9625