Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 22 de decembro de 1997 Páx. 12.352

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

Aprobado con carácter inicial pola Corporación Municipal, en sesión celebrada o día 25 de novembro de 1997, con reserva de emenda de diversas deficiencias, un plan parcial correspondente a un ámbito de 68.259 m de superficie dentro da área 2 de SUNP delimitada no PXOU, en Laxe-Rutis, promovido por este concello en virtude de convenio cos propietarios dos terreos e redactado polo arquitecto Manuel Villar Álvarez, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde a última publicación deste anuncio (DOG ou xornal), durante o que poderá ser examinado o documento e formulárense as alegacións que se coiden pertinentes.

Culleredo, 5 de decembro de 1997.

Ricardo Seoane Candamio

Alcalde en funcións

9802