Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 22 de decembro de 1997 Páx. 12.352

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

ANUNCIO da convocatoria dunha praza da escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, auxiliar policía municipal, do cadro de persoal funcionario.

No BOP de Pontevedra nº 212, do 3 de novembro de 1997, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria das probas selectivas da oposición libre, para prover unha praza da escala de Administración especial, subescala servicios especiais, auxiliar de policía municipal, do cadro de persoal funcionario.

As instancias nas que se solicite tomar parte no procedemento selectivo poderán presentarse no rexistro xeral deste concello ou por medio das demais

formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dentro do prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Moraña, 28 de novembro de 1997.

José Eiras Paz

Alcalde

9803