Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 05 de xaneiro de 1998 Páx. 94

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-224).

Por decreto desta Alcaldía nº 5107/97, con data do 28 de outubro do 1997, acordouse aprobar inicialmente a modificación do proxecto de urbanización do plan parcial de Beiramar (P.P.1), en Perillo (Oleiros), tramitada por P.P.1 Beiramar, S.L. Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que ocmputará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa), nas oficinas municipais de Urbanismo, de 9 a 13 horas, tódolos días laborais, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 5 de decembro de 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

10425