O Pleno deste Concello, na sesión extraordinaria celebrada o día doce de decembro, acordou:
1º.-Aproba-lo estudio de detalle promovido por instancia de Viviendas Teo, S.L., co proxecto de compensación anexo a aquel e que consta no expediente, dunha parcela situada en Montouto-Cacheiras, dunha superficie de 6.711 m, clasificado como solo URTA nas normas de ordenación complementarias e subsidiarias do planeamento do concello.
2º.-Comunicarlle este acordo ó Servicio Provincial de Urbanismo no prazo de dez días e publicalo no Diario Oficial de Galicia.
O que se fai público en cumprimento do artigo 140 do Regulamento de planeamento.
Teo, 16 de decembro de 1997.
Armando U. Blanco Martínez
Alcalde
10114

