O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión do día 21 de novembro de 1997, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle do polígono número 42 do PERI do Calvario, presentado pola xunta de compensación e redactado polo arquitecto Martín Curty con datas de visado do COAG do 26 de xuño e 13 de outubro de 1997, someténdoo a información pública durante o prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia conforme o establecido no artigo 44.3 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
O que se fai público para xeral coñecemento significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a publicación do primeiro anuncio ata trascorrido un mes da última públicación. O expediente atópase ó dispor do público na oficina de información da Xerencia Municipal de urbanismo (planta baixa da Casa do Concello).
O presente anuncio servirá tamén de notificación nos termos establecidos no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, para aqueles propietarios directamente afectados que resulten descoñecidos, dos que se ignore o lugar da notificación ou intentada esta, non se puidera practicar.
Vigo, 3 de decembro de 1997
Manuel Pérez Álvarez
Alcalde, Presidente da Xerencia Municipal
de Urbanismo
10168

