Polo presente anuncio ponse en coñecemento de tódolos interesados que a Corporación Municipal, en sesión ordinaria celebrada o día 18 de decembro de 1997, acordou aprobar inicialmente a modificación das normas subsidiarias de planeamento municipal.
O que se comunica para que, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, se poidan face-las alegacións que se consideren oportunas.
Porto do Son, 8 de xaneiro de 1998.
O alcalde
Rubricado
9804

