O Concello Pleno, na sesión celebrada o 29 de novembro de 1997, prestou aprobación á proposta de bandeira municipal das seguintes características:
Sobre pano verde a torre de ouro (amarelo) franqueada de catro franxas verticais de branco, dúas á hasta e dúas ó batente.
O que se somete ó trámite de información pública polo prazo de 30 días para efectos de exame e presentación de reclamacións.
Quiroga, 1 de decembro de 1997.
Rubricado
586

