Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 1998 Páx. 828

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 26 de xaneiro de 1998, do tribunal V-1 B, encargado de xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia de limpadora e outras, grupo V categoría 11.

Na sesión celebrada o día 21 de xaneiro de 1998, o tribunal adoptou os seguintes acordos:

1º Non anular ningunha pregunta das que consta o primeiro exercicio.

2º Publica-las listas de puntuacións dos aspirantes que realizaron o primeiro exercicio da fase de oposición, no recinto onde se celebrou o exame, así como no taboleiro de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

De acordo coas bases II 2.1 a) e II 2.2 a) da convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación de 10 ou máis puntos.

3º Excluír da relación de aspirantes presentados ó primeiro exercicio a Antonia Álvarez Álvarez, DNI 34.566.225, por non estar admitida nesta categoría.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 1998.

Javier Bouzada Romero

Presidente do tribunal

90