Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 1998 Páx. 826

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1998 pola que se convocan unhas xornadas denominadas: As Sectas: o seu poder de captación.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1998, conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dunhas xornadas denominadas: As sectas: o seu poder de captación, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

As xornadas teñen por obxectivo dota-los membros dos corpos e forzas de seguridade duns coñecementos necesarios para afronta-la problemática xurdida a raíz da proliferación destes movementos tan de moda nos tempos de hoxe.

Destinatarios.

As xornadas van dirixidas ós membros dos corpos e forzas de seguridade.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan é de 250.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, por instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 5 de marzo de 1998.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: Avenida da Cultura, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

As xornadas celebraranse durante os días 11 e 12 de marzo de 1998.

O horario será en xornada de mañá (9.30 horas-14 horas) e tarde (16.30 horas-20 horas) o día 11, e en sesión de mañá o día 12.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 9 de marzo de 1998 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (986) 59 00 21.

Lugar.

Salón de actos nº 1 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sito no edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

Certificado de participación.

Ó remate das xornadas entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a estas.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1998.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

691