Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 1998 Páx. 820

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Marodri, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Marodri, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-12-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polas delegadas de persoal o 15-12-1997. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 5 de xaneiro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Marodri, S.L.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo afecta a todo o persoal pertencente á empresa Marodri, S.L.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Están incluídos no ámbito de aplicación deste convenio tódolos traballadores dependentes desta empresa, incluíndo os que se incorporen no futuro mediante unha relación laboral. Queda excluído del o persoal de alta dirección regulado polo R.D. 1382/1985.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

O presente convenio afecta a tódolos centros que actualmente ten a empresa como os que poida ter nun futuro en todo o territorio nacional.

Artigo 4º.-Duración e vixencia.

O presente convenio terá unha duración de cinco anos, contados desde o 1 de xaneiro de 1998 ata o 31 de decembro do 2002. Entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1998.

Entenderase prorrogado tacitamente por períodos anuais sempre que non sexa denunciado por calquera das partes, cando menos, con tres meses de antelación ó seu vencemento ou de calquera das súas prórrogas. No caso de que non se chegue a unha negociación despois de realizada a denuncia, o texto do convenio quedará prorrogado, non así os conceptos salariais, que aumentarán de acordo coa suba do IPC real do ano natural anterior.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas e de calquera índole contidas no presente convenio teñen carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas ou situacións implantadas pola empresa e que impliquen condicións máis beneficiosas para os traballadores con respecto ó presente convenio, subsistirán para aqueles que as veñen desfrutando, pero sen que poida interpretarse que sobre as chamadas condicións máis beneficiosas teña que computarse o melloramento económico que supón o presente convenio. Polo que respecta á antigüidade, aplicarase o disposto no artigo 7º deste convenio.

Artigo 6º.-Salarios.

As retribucións correspondentes ás distintas categorías do persoal afectado por este convenio fíxanse na táboa salarial anexa para o ano 1998.

Para o segundo ano de vixencia do convenio, os salarios incrementaranse nunha porcentaxe, igual ó IPC rexistrado no período 1-1-1998 ó 31-12-1998.

Para o terceiro ano de vixencia do convenio, os salarios incrementaranse nunha porcentaxe igual ó IPC rexistrado no período 1-1-1999 ó 31-12-1999.

Para o cuarto ano de vixencia do convenio, os salarios incrementaranse nunha porcentaxe igual ó IPC rexistrado no período 1-1-2000 ó 31-12-2000.

Para o quinto ano de vixencia do convenio, os salarios incrementaranse nunha porcentaxe igual ó IPC rexistrado no período 1-1-2001 ó 31-12-2001.

O aboamento dos salarios deberá efectuarse nos días 30 ou 31 do mes no que se devenguen e, como máximo, o día 3 do mes seguinte.

Artigo 7º.-Antigüidade.

O complemento de antigüidade regulado no convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra e na ordenanza

laboral de limpeza de edificios e locais queda excluído deste convenio colectivo.

O complemento persoal de antigüidade unicamente lle será aboado a aquel persoal que o 1-1-1998 o tivese recoñecido en nómina, e non se incrementará o seu importe nin por incremento do salario base nin por aumento da xornada, quedando polo tanto fixado o seu importe na contía consignada na nómina de xaneiro de 1998. O disposto neste artigo afectará tanto o persoal presente da empresa coma o que se incorpore nun futuro, xa sexa por unha nova contratación ou por absorción do persoal dunha contrata.

Artigo 8º.-Pagas extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá as gratificacións extraordinarias correspondentes a xullo e Nadal, na contía cada unha delas dunha mensualidade de salario base do convenio máis antigüidade, se é o caso. As ditas pagas extraordinarias de xullo e Nadal serán percibidas na súa integridade, independentemente de que o traballador estivese en situación de IT durante o período de devengo de cada un delas, e serán aboadas entre os días 10 e 20 dos respectivos meses.

igualmente, percibirán unha paga de beneficios, na contía dunha mensualidade de salario base do convenio, maila antigüidade, de se-lo caso. A dita paga ratearase nos doce meses do ano e aboarase independentemente de que o traballador estivese en situación de IT.

O persoal que desfrute de vacacións durante o mes de xullo terá dereito a un anticipo do 90% do importe do da paga extraordinaria de xullo sinalada no parágrafo primeiro.

Artigo 9º.-Plus de transporte.

Os traballadores que teñan que utilizar vehículos para o traslado entre varios centros de traballo terán dereito ó aboamento dun plus de transporte na cantidade que desembolsase en medios normais de locomoción.

Independentemente, os traballadores afectados por este convenio percibirán durante o ano 1998, en concepto de plus de transporte, a cantidade de 9.693 pesetas (nove mil seiscentas noventa e tres) mensuais. Para os seguintes anos esta cantidade incrementarase na mesma porcentaxe có salario base.

Por cada día de ausencia ó traballo descontarase a cantidade de 441 pesetas. Non se considerará como ausencia, para estes efectos, o descanso semanal ó que ten dereito o traballador.

O plus de transporte aboarase rateando o tempo traballado.

Artigo 10º.-Plus de asistencia.

Establécese a cantidade de 6.898 ptas./mes para o ano 1998. Por cada día de ausencia ó traballo descontarase a cantidade de 313 pesetas, non considerándose como ausencia para estes efectos o descanso semanal ó que teña dereito o traballador. Para os seguintes anos este plus incrementarase na mesma porcentaxe na que se incremente o salario base.

Este plus de asistencia aboarase rateando o tempo de traballo.

Artigo 11º.-Plus de toxicidade, perigosidade e nocturnidade.

O plus fixado no apartado a) do artigo 53 da vixente ordenanza sobre labores tóxicos ou perigosos, queda establecido na contía do 30% do salario base de cada categoría.

O plus de nocturnidade previsto no apartado b) do mesmo corpo legal, percibirase na contía do 35% sobre o salario base de cada categoría. Os traballadores de nova contratación percibirano igualmente.

Os traballadores que teñen dereito a percibi-lo plus de nocturnidade percibirano na contía establecida no texto do convenio e sobre o salario base mensual de trinta días, que se aboará rateado polo tempo traballado.

O plus de perigosidade pagaráselles ós traballadores que habitualmente presten servicios sobre andamio, ou cos pés sobre a escaleira, situados a unha altura superior a 1 m 80 cm. Este plus aboarase por tempo efectivo de traballo.

Artigo 12º.-Xornada laboral.

A xornada laboral ordinaria será de 39 horas e 15 minutos semanais de traballo efectivo. Nos supostos de xornada continuada establecerase un período de descanso obrigatorio de 20 minutos, que se computará como tempo de traballo efectivo.

Os traballadores disporán de tres días de descanso ó ano, que se desfrutarán os días de Sábado Santo, 24 e 31 de decembro. En caso de que eses días coincidan con días non laborables perderase o dereito a eles. Naqueles centros onde o servicio de limpeza sexa imprescindible (hospitais, ambulatorios, mercados, etc.) os días anteriormente citados cambiaranse por outros acordados entre a empresa e os traballadores.

Artigo 13º.-Traballo en domingos ou festivos.

O traballador que teña que desenvolve-la súa xornada laboral en domingo ou días festivos terá opción a:

a) O aboamento, segundo a normativa vixente.

b) A acumula-lo descanso ós días de vacacións regulamentarias.

c) Desfrutar en compensación dun día de descanso semanal.

Por outra banda, o traballador que preste servicio como mínimo, dous domingos nun mes, terá dereito a un día adicional de descanso sen prexuízo doutros dereitos que lle puidesen corresponder.

Os festivos terán a mesma consideración cós domingos para efectos do descanso adicional regulado anteriormente.

Así mesmo, se un traballador presta servicios tres domingos ó mes durante dous meses consecutivos, terá dereito a un día máis de descanso.

Artigo 14º.-Horas extraordinarias.

Aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores e demais disposicións que o desenvolvan; non obstante, a súa realización será obrigatoria cando o considere necesario a empresa, para atender pedidos imprevistos, ausencias imprevistas, cambios de quenda, períodos punta de traballo ou outras circunstancias de carácter estructural.

Artigo 15º.-Licencias.

Logo da solicitude dos traballadores afectados, considerarase licencia retribuída polo tempo e nos casos seguintes:

a) Matrimonio do traballador, 15 días naturais.

b) Matrimonio de pais, pais políticos, fillos ou parentes que convivan co traballador, 1 día natural.

c) Parto da esposa, 5 días laborables.

d) Falecemento ou enfermidade grave:

-Do cónxuxe, 5 días naturais.

-Pais, pais políticos e fillos, 3 días naturais.

-Irmáns e parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, 2 días naturais.

Se entre o traballador e os parentes anteriormente citados houbese convivencia, a licencia sería de 5 días naturais. O mesmo acontecería se o falecemento ou enfermidade grave dos parentes anteriores se producise fóra da localidade.

e) Falecemento dun tío, un día natural. Se houbese convivencia entre o traballador e o falecido, a licencia de dous días naturais.

f) Traslado de domicilio, dous días laborables.

g) Os traballadores que cursen con regularidade estudios para a obtención dun título oficial académico ou profesional, terán dereito a un permiso retribuído de ata seis días ó ano para concorrer a exames, logo de comunicación do traballador á dirección da

empresa con quince días de antelación e xustificación correspondente.

As referencias que os apartados c) e d) do presente artigo fan á esposa e cónxuxe respectivamente, entenderanse feitos, así mesmo, ó compañeiro/a en situación estable e logo de certificación de convivencia que acredite a dita situación.

As traballadoras por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal nunha hora coa mesma finalidade.

As licencias anteriormente descritas non serán acumulables a períodos de vacacións nin de IT.

Artigo 16º.-Excedencias.

Todo traballador fixo cunha antigüidade, polo menos, de dous anos na empresa, terá dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non inferior a seis meses e non maior de cinco anos.

O traballador excedente, cando pola súa categoría se atope entre os pertencentes ós grupos de persoal subalterno e obreiro, terá dereito á reserva do seu posto de traballo durante un período máximo de dous anos. A reincorporación á empresa deberá ser solicitada cun aviso previo de tres meses.

Excepcionalmente, cando a solicitude de excedencia sexa por un tempo máximo de dous anos, o traballador terá dereito a reintegrarse na empresa durante o prazo dos seis primeiros meses da dita excedencia, e o empresario disporá dese mesmo prazo dos seis meses para proceder á súa reincorporación. En todo caso, o traballador deberá poñer en coñecemento do empresario a súa intención de volver á empresa cunha antelación mínima dun mes. Pasados os seis primeiros meses do exercicio da excedencia sen que o traballador fixese uso do seu dereito, xa non poderá volver á empresa ata esgota-lo período total de excedencia solicitada.

Artigo 17º.-Cambio de postos de traballo por embarazo.

As mulleres embarazadas terán dereito a que se lle cambie de posto de traballo a outro máis acorde co seu estado, e non estarán obrigadas en ningún caso a desempeña-las súas funcións en lugares radiactivos, infecciosos ou perigosos para o seu embarazo.

Artigo 18º.-Control médico obrigatorio.

Todo o persoal abraguido no presente convenio terá dereito a unha revisión médica por conta da empresa cada doce meses.

Artigo 19º.-Asistencia a consultorios médicos.

Tódolos traballadores terán dereito a tres horas retribuídas pola empresa cada vez que deban asistir á consulta do médico de cabeceira. Cando o médico de cabeceira tivese o seu consultorio nunha localidade distinta daquela na que prestan os seus servicios os traballadores, estes disporán do tempo necesario.

O traballador que teña que acudir a un consultorio médico está obrigado a avisar anticipadamente a empresa, e deberá xustificar, por outra parte, que foi atendido polo médico de cabeceira.

Para a súa asistencia á consulta do especialista, os traballadores terán dereito a todo o tempo necesario, logo da presentación do volante do médico de cabeceira. Ademais, terán dereito a un día de asistencia ó especialista fóra da localidade.

Así mesmo, terán dereito a 3 horas retribuídas para asistir ó consultorio médico con fillos menores de 12 anos ou fillos minusválidos, calquera que sexa a súa idade, cun máximo de tres veces ó mes, sempre que a súa xornada laboral sexa coincidente co horario de consulta médica e co horario de traballo do seu cónxuxe ou compañeiro/a. Os procesos de rehabilitación non terán a consideración de consulta médica para efectos do dereito regulado anteriormente.

Artigo 20º.-Roupa de traballo.

Tódolos traballadores serán provistos de roupa de traballo axeitada para traballar en lugares radiactivos ou infecciosos. Concederáselle a todo o persoal a adecuada e regulamentaria roupa de traballo, fundas para o persoal masculino e batas para o feminino cada seis meses, boras de auga cando o precisen e luvas cada dez días.

Os cristaleiros serán provistos de roupa de auga.

Con carácter exclusivo para centros hospitalarios e clínicas, as batas poderán substituírse, de mutuo acordo e para todo o persoal do centro de traballo, por chaqueta curta e pantalón.

Artigo 21º.-Incapacidade temporal.

En caso de IT derivada de accidente laboral, tanto o acontecido no centro de traballo coma o accidente in itinere, a empresa estará obrigada a completa-la prestación económica da Seguridade Social ata o importe íntegro do seu salario base de convenio maila antigüidade e mailo plus de asistencia, desde o primeiro día da baixa.

Por outra banda, nos supostos de IT, calquera que fose a súa causa, que motiven a hospitalización do traballador, as empresas completarán durante a hospitalización a prestación económica da Seguridade Social ata o importe íntegro do seu salario do con

venio maila antigüidade e plus de asistencia, de se-lo caso.

Se o traballador sufrise intervención cirúrxica, a obriga das empresas de complementa-la prestación da Seguridade Social estenderíase ó período de convalecencia e cunha duración máxima de noventa días naturais.

Artigo 22º.-Xubilación.

Co fin de contribuír a realización dunha política de promoción de emprego, a xubilación, para o persoal fixo da empresa, terá carácter de forzosa ó cumpri-la idade de 65 anos.

Aqueles traballadores que, ó chegaren a esta idade, non teñan cumprido o período mínimo de cotización á Seguridade Social para ter dereito á referida prestación, poderán continuar prestando servicios ata cumpriren o citado período de cotización, momento no que se causará baixa de maneira inmediata.

A empresa cubrirá o posto de traballo segundo necesidades do servicio, non tendo que ser coincidente a xornada efectiva de traballo do que se xubila coa do traballador entrante.

Artigo 23º.-Traslado a centros de traballo.

Primeiro: todo persoal que non teña contrato de traballo fixo poderá ser trasladado a calquera outro centro de traballo da empresa, sempre que este non implique cambio de domicilio.

Segundo: o persoal fixo de centro de traballo poderá ser trasladado de centro cando se dean algunhas das seguintes circunstancias e sempre e cando non implique cambio de domicilio para o traballador: licencias, excedencia, vacacións ou IT do persoal, por causas organizativas ou productivas, ou por queixas do cliente respecto ó cumprimento do traballo do productor.

Artigo 24º.-Adscrición do persoal.

Aplicarase o disposto no convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra.

Artigo 25º.-Altas na Seguridade Social.

A empresa estará obrigada a entregarlles ás traballadoras fotocopia da alta na Seguridade Social, para o que disporá do prazo de dúas semanas desde a súa incorporación ó traballo.

Igualmente, a empresa estará obrigada a colocar fotocopia dos boletíns de cotización nun taboleiro de anuncios nas súas oficinas.

igualmente, a empresa está obrigada a facilitarlle ó comité de empresa ou delegación de persoal fotocopia dos boletíns de cotización.

Artigo 26º.-Vacacións.

O persoal afectado polo presente convenio desfrutará de 30 días ininterrompidos de vacacións anuais retribuídas. O inicio das vacacións terá lugar en día laborable, debendo entenderse como tal o que non sexa sábado, domingo, festivo ou día de descanso.

En cada empresa se elaborarán as quendas correspondentes. para a elección de quenda por parte dos traballadores, seguirase en cada empresa unha orde rotativa de preferencia, de tal xeito que quen tivese preferencia de elección de quenda no ano anterior, será o último á hora de elixir quenda no ano seguinte.

O aboamento delas farase en función do salario base do convenio, antigüidade, plus de asistencia, plus de transporte e plus de nocturnidade. Os pluses de asistencia e transportes aboaranse rateados no tempo traballado durante o ano.

Os traballadores que non poidan desfruta-las vacacións por atopárense xa con anterioridade ó período vacacional en situación de IT, terán dereito ó seu desfrute sempre que causen alta antes de remata-lo ano natural. A concorrencia total ou parcial dun período de IT cun de vacacións, cando estas xa estivesen fixadas no calendario de vacacións non dará dereito a desfrutar outro período novo de vacacións.

Artigo 27º.-Vestiarios.

A empresa estará obrigada a solicitarlles ós seus clientes que se lles facilite un cuarto apropiado ás necesidades do persoal.

Artigo 28º.-Seguro de accidentes de traballo.

A empresa subscribirá pólizas de seguro colectivo de accidentes de traballo a prol de tódolos traballadores da empresa.

O dito seguro cubrirá, con carácter xeral, as seguintes garantías mínimas:

-Morte ou invalidez total: 1.500.000 pesetas.

-Invalidez absoluta ou gran invalidez: 2.000.000 de pesetas.

As ditas continxencias deberán derivarse, en calquera caso, de accidente laboral incluído o accidente in itinere e as indemnizacións fixadas serán totalmente independentes daquelas que lles correspondan ós traballadores en virtude da lexislación vixente.

Artigo 29º.-Axudas de custo.

Os traballadores que, por razóns de prestación de servicio, sexan desprazados a lugares de traballo situados fóra do concello de residencia e que non teñan a condición de traslado do artigo 40 do Estatuto dos traballadores, terán dereito a unha indemniza

ción polos gastos orixinados, que recibirá o nome das axudas de custo; devengarase media axuda de custo cando o traballador deba realizar unha comida; axuda de custo completa cando deba realizar dúas comidas e axuda de custo completa con pernoctación cando deba efectuar dúas comidas e pasa-la noite fóra do domicilio do traballador.

A contía das axudas de custo para o ano 1998 será a seguinte:

-Media axuda de custo: 1.815 pesetas/día.

-Axuda de custo completa: 3.226 pesetas/día.

-Axuda de custo con pernoctación: 5.378 pesetas/día.

Artigo 30º.-Acción sindical e garantía de cargos sindicais.

En todo o relacionado con este tema aplicarase o disposto nos artigos 61 e seguintes do Estatuto dos traballadores, determinándose que, cando un representante legal deba saír da empresa para exercer funcións de representación, deberá comunicarllo a esta o día anterior, agás situacións excepcionais que deberán xustificar posteriormente. Como xustificante será válido o comprobante dos organismos oficiais ou da central sindical correspondente.

Os delegados sindicais terán 15 horas mensuais retribuídas para realiza-lo seu cometido de representación.

Artigo 31º.-Asembleas.

Os traballadores da empresa terán dereito a reunirse en asemblea, unha vez ó mes e polo tempo máximo de dúas horas durante a xornada, e deberá comunicarlle á empresa a súa celebración cunha antelación de 48 horas, agás situacións excepcionais de conflicto ou folga, na que abondará con avisar con 24 horas de antelación.

Artigo 32º.-Medidas de fomento de emprego e da contratación temporal.

Observarase o disposto no convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra.

Artigo 33º.-Lexislación subsidiaria.

En todo aquilo que non quede determinado especificamente no presente convenio, aplicarase o disposto no convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra, a ordenanza de traballo para as empresas dedicadas á limpeza de edificios e locais, aprobada o 15 de febreiro de 1975 e no que nela non estea previsto ou regulado, serán de aplicación as normas establecidas na lexislación laboral xeral.

Artigo 34º.-Comisión paritaria.

Créase unha comisión paritaria do convenio, formada por representantes de ámbalas partes, que ten como finalidade vixia-lo cumprimento do convenio e da normativa laboral, en xeral.

Artigo 35º.-Partes asinantes.

Para a interpretación e cumprimento das cláusulas deste convenio e, en xeral, para atender cantas cuestión se deriven da súa aplicación, establécese unha comisión paritaria, que estará integrada por 1 representante empresarial e 3 dos traballadores, todos eles integrantes da comisión do convenio.

Táboa de salarios ano 1998

Categorías-Grupo 1. Persoal directivo e técnico:

Subgrupo 1. Persoal directivo

Director216.503

Director comercial196.588

Director administrativo196.588

Xefe de persoal196.588

Xefe de compras196.588

Xefe de servicios196.588

Subgrupo II. Persoal titulado

Titulado grao superior155.885

Titulado grao medio138.481

Titulado laboral ou profesional117.772

-Grupo II. Persoal administrativo:

Xefe administrativo de 1ª147.222

Xefe administrativo de 2ª137.697

Caxeiro124.707

Oficial de 1ª117.774

Oficial de 2ª104.790

Auxiliar91.794

Telefonista90.880

Cobrador90.880

Aspirante53.000

-Grupo III. Mandos intermedios:

Encargado xeral137.722

Supervisor ou encargado zona124.708

Supervisor de encargado de sector114.324

Encargado de grupo ou edificio98.903

Responsable de equipo94.934

-Grupo IV. Persoal subalterno:

Ordenanza90.881

Almaceneiro90.881

Listeiro90.881

Vixilantes90.881

-Grupo V. Persoal obreiro:

Especialistas100.203

Peón especialistas91.826

Limpador ou limpadora90.861

Conductor-limpador107.936

-Grupo VI. Persoal oficios varios:

Oficial100.196

Axudante91.826

Peón90.861

Aprendiz de 16 a 18 anos55.962

516