Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 1998 Páx. 856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTE-CALDELAS

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle do soar sito na avenida de Pontevedra, promovido por Promociones Caldelas, S.A.

Elevado a definitivo o acordo adoptado polo Concello Pleno na súa sesión de 24 de novembro de 1997, de aprobación de estudio de detalle para un soar sito na avenida de Pontevedra, conforme o proxecto presentado por Promociones Caldelas, S.A., e redactado pola arquitecta Teresa Táboas Veleiro, consonte o informe e demais documentación que consta no expediente administrativo e nos mesmos termos da súa aprobación inicial.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Ponte-Caldelas, 8 de xaneiro de 1998.

Fidel Rodríguez Toubes

Alcalde

733