Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 1998 Páx. 857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADAVIA

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 1998, referente á convocatoria para prover tres prazas de garda da policía local.

No BOP de Ourense número 10, con data do 14 de xaneiro de 1998, aparecen publicadas integramente as bases da convocatoria para a provisión en propiedade de tres prazas de garda da policía local, vacantes no cadro de persoal de funcionarios deste concello, polo sistema de oposición libre.

Presentación de instancias: dirixidas ó alcalde-presidente do Concello de Ribadavia (Ourense), no rexistro xeral deste concello ou na forma prevista no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación: vinte días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza publicado o presente anuncio no BOE.

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios relativos á convocatoria se publicarán no BOP de Ourense e no taboleiro de anuncios do concello.

Ribadavia, 21 de xaneiro de 1998.

Jaime Dávila Sánchez

Alcalde

323