Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 1998 Páx. 857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da U.E. II-07 Atlántida (expediente 4015/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 7 de novembro de 1997, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da U.E. II-07 Atlántida formulado por Mónica Marta Mateo García Barros en calidade de pro

pietaria única dos terreos da unidade de actuación, conforme a documentación elaborada polo enxeñeiro de camiños, Alberto Moreno García, visada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos o día 4 de decembro de 1996.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorado o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 20 de novembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

677