Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 03 de febreiro de 1998 Páx. 981

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 27/1998, do 22 de xaneiro, polo que se declara ben de interese cultural, con categoría de lugar de interese etnográfico os muíños de Folón/Picón, sitos en Santa Mariña, no concello do Rosal, provincia de Pontevedra.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, por Resolución do 13 de xuño de l997, (Diario Oficial de Galicia do 10 de xullo) incoou expediente de declaración de ben de interese cultural, con categoría de lugar de interese etnográfico, a favor dos muíños de Folón/Picón, sitos en Santa Mariña, no concello do Rosal, provincia de Pontevedra.

A tramitación do expediente levouse a cabo de acordo co establecido na Lei 8/l995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, (Diario Oficial de Galicia do 8 de novembro), e demais disposicións vixentes.

Tendo en conta o disposto no artigo l2 da Lei 8/l995, do 30 de outubro, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de xaneiro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Primeiro.-Declarar ben de interese cultural, con categoría de lugar de interese etnográfico, os muíños de Folón/Picón, sitos en Santa Mariña, no concello do Rosal, provincia de Pontevedra.

Segundo.-A zona afectada pola declaración é a comprendida na delimitación que consta no anexo I e no plano do anexo II.

Terceiro.-O presente decreto seralles notificado ós interesados, ó concello, ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, e ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

Cuarto.-O presente decreto publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintedous de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Tomás Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO I

A definición do ámbito de protección integral do conxunto etnográfico dos muíños de Folón efectúase a través dunha liña delimitadora en forma de poligonal complexa ,con vértices nos puntos sinalados

como A, B, C, D, E, F, G, H, I, J, K, tal e como se especifica a continuación:

Vértice A: situado ós 41 graos, 57 minutos, e 58 segundos de latitude norte e 8 graos, 50 minutos e 25 segundos de lonxitude oeste, sobre liña de cota + 310,00 e camiño forestal ó norte do conxunto etnográfico.

Vértice B: desde o vértice A, seguindo en dirección SO o camiño forestal descrito, entre liñas de cota +310,00 e +300,00 aproximadamente. Situado ós 41 graos, 57 minutos e 53 segundos de latitude norte e 8 graos, 50 minutos e 33 segundos de lonxitude oeste, sobre liña de cota + 306,50.

Vértice C: desde vértice B, sen cota +306,50, seguindo liña de máxima pendente en dirección SE, ata cota + 260,00.

Vértice D: desde vértice C, en cota +260,00, seguindo liña de máxima pendente en dirección SE, ata liña de cota +180,00.

Vértice E: desde vértice D, seguindo liña de cota +150,00, en dirección NO,ata atoparse co cauce de regato. Situados ós 41 graos, 57 minutos e 37 segundos de latitude norte e ós 8 graos, 50 minutos e 38 segundos de lonxitude oeste.

Vértice F: desde vértice E, seguindo camiño veciñal cara ó barrio de San Martiño e lugar da Arrotea, en dirección SE ata liña de cota + 180,00.Situado ós 41 graos, 57 minutos, e 25 segundos de latitude norte e ós 8 graos, 50 minutos e 22 segundos de lonxitude oeste.

Vértice G: desde vértice F, seguindo liña de máxima pendente en dirección leste, ata camiño forestal de acceso ós muiños pola marxe esquerda do río Folón, sobre cota + 110,00.

Situado ós 41 graos, 57 minutos e 22 segundos de latitude norte e ós 8 graos, 50 minutos e 20 segundos de lonxitude oeste aproximadamente.

Vértice H: desde vértice G, seguindo en dirección sur o camiño forestal de acceso ós muíños, ata atoparse con camiño rodado que comunica o barrio de Martíño co Picán e Cruces.

Vértice I: seguindo, desde vértice G en dirección leste, o camiño rodado desde Martiño ó Picán e Cruces, ata ponte que cruza o río Folón.

Vértice J: desde vértice I, seguindo en traxectoria ascendente o acceso ós muíños pola marxe dereita do río Folón, ata chegar á liña de cota +290,00.

Vértice K: desde vértice J, sobre liña de cota + 290,00 seguindo liña de máxima pendente en dirección NO, ata chegar ó camiño forestal, sobre liña de cota +330,00.

Situado aproximadamente a 41 graos, 57 minutos e 55 segundos de latitude norte e ós 8 graos, 50 minutos e 25 segundos de lonxitude oeste.

Peche da poligonal: desde o vértice K, seguindo camiño forestal en dirección N.O chegamos ó vértice A, de inicio da poligonal, nos 41 graos, 57 minutos e 58 segundos de latitude norte e ós 8 graos 50 minutos e 25 segundos de lonxitude oeste.

98-713